The Homens

No 2004 – 4 tipos xúntanse en Satiago de Compostela. Dende entón, Cristovo, Martin Wu, Roi e Xocas convértense nuns homens autodeclarados namorados do post hardcore dos oitenta, do pop británico e dese rollo guai de finais dos setenta.

Seguindo a estela dese movemento alegre e explosivo de hai xa camiño de catro décadas, e por máis que digan que cal hamster, por moito correr a xaula non cambia, fanche correr, brincar, bailar e rematarás cantando cun bo soriso porque se algo emanan estes tipos é unha enerxía brutal.
Descubertos no meu caso con Calamar

levan formando parte da miña banda sonora dende o 2008, anque Tres, LP que arranca con este tema, xa viña soando dende outubro do 2007.
Antes diso xa tiñan dous EPs autoeditados na rúa, #1 (2005) e #2 (2006). Parece que a cousa prometía e para o seu terceiro traballo –como non, Tres (Falcatruada 2007)–  puxéronse nas mans de Santi García, productor do selo catalán BCore, que grabou as súas once enerxéticas emerxencias nos estudios Ultramarinos Costa Brava.
Persoalmente, anque foi Calamar o tema quizais máis aclamado, podería botar CEN DIAS escoitando isto.

Dous anos despois, e cos bos resultados anteriores, voltan a Cataluña a parir Cuarta potencia (Lixo Urbano 2009), de novo con Santi García.

Neste traballo, 12 temas ruidosamente explosivos lévannos a un universo atronador de sons vibrantes e enerxía exuberante, coa súa “inocencia pop” e unha expresividade renovada e a ferrete.

Déixovos este video do seu Hamster en concerto

Concertos por certo,  que están a dar ata maio de momento nunha xira semi acústica dentro do interesante proxecto Detrás da canción e dos que podedes consulta-las datas eiquí:
DETRÁS DA CANCIÓN

The Homens · Cuarta potencia

 

> deja un comentario