> Onte rematou #movember.
> Hoxe é o Día Mundial do Sida (contra o, claro, que non é que o celebremos, precisamente).
> Mañá pasará outro ano.
E en toda esta voráxine de experiencias e sensacións que se me acumulan, vénme á mente, veume esta mañá, unha canción de Mecano que non me abandonou durante toda a xornada. Pero isto cóntocho outro día (non o esquezas!).
Agora, logo de estar todo un mes insistindo na concienciación e revisión da saúde masculina, coido que é, como pouco, xusto adicarlle uns minutos a unha enfermidade máis silenciosa se cabe e da que cada día, por desgraza, temos que saber que nos segue a axexar sen cura nin vacina.
VIH/sida. Datos de España correspondentes ó 2016:
En 2016 se han diagnosticado 607 nuevos casos de VIH/sida. A taxa de sida foi nese ano de 1,8 casos por cada 100.000 habitantes e o 80,8% dos diagnosticados foron homes dunha media de 44 anos.
O 36,2% das persoas infectadas, foron por relacións heterosexuais.
O 32,0% dos casos corresponden a HSH*, o 39,6% dos casos en homes.
O 12,6% dos infectados no 2016 foron PID*.
Con estes datos xa deberías deducir que tendo en conta que, falando dunha enfermidade sen cura contra cuxa infección podemos pór medios e a estas alturas da película, é unha cifra bastante importante.
É tanto así, que malia que é certo que dende o seu punto máis alto a mediados dos anos 90, estas cifras descenderon enormemente, nos últimos anos iste descenso foi freando e na comparatia do 2015 ó 2016, incluso, houbo comunidades nas que os casos de infectados por VIH/sida aumentaron (Baleares, Canarias, País Vasco, Aragón e Comunidade Valenciá).
Castela e León tivo os mesmos novos casos en ámbolos dous anos e o resto das comunidades conseguiron reducir iste dato.
Chámame especialmente a atención a Comunidade de Madrid, cun descenso de novos casos de infeccción por VIH/sida de máis do 50%. Indagarei sobre as causas diste dato de relevancia.
Cabe destacar ademais, que os nosos datos (os dos españois), son os máis altos de Europa, algo que probablemente poida relacionarse con que o 33,5% dos novos casos de sida en España no 2016 corresponderon a persoas con orixe en países distintos de España (29,7% delas orixinarias de Latinoamérica e 25,3% de África Subsahariana).
Pero máis preocupante paréceme que o 46% das persoas diagnosticadas de infección por primeira vez no 2016, presentaba diagnóstico tardío.
Iste dato é tremendo. Se facemos caso á Cruz Vermella, a detección do VIH/sida tarda unha media de 7 anos dende a infección da persoa diagnosticada.
Durante ises 7 anos estas persoas, sen sabelo, poden continuar a propagar a enfermidade a outras persoas que pode que acaben facendo o mesmo.
Por iso é de vital importancia realizar pruebas diagnósticas se se manteñen relacións de risco, que en España, o diagnóstico é gratuito e confidencial pra todos.
E como non sería eu sen entrar nos baixos fondos das persoas un chisquiño, coido que se trato de me pór no sitio dunha persoa que remate por coñecer a súa situación, unha das primeiras cousas, se non a primeira, que pasaría pola miña cabeza, sería “e agora, como digo eu isto?”.
Coido que o VIH/sida está altamente estigmatizado aínda na sociedade española e tamén que esta situación é en parte a culpable de boa parte dises diagnósticos tardíos dos que che falaba.
Que unha persoa á que acaban de lle dicir que padece unha enfermidade crónica grave, coa que vivirá pero con condicións, teña que sobrecargarse a pensar como reaccionará o resto, é moi triste.
E é que cando alguén che di que sofre diabetes (por nomear outra enfermidade crónica e que pode ser moi grave) ou un cancro, tes claro que na persoa que hai ante os teu ollos só hai unha vítima. Pensas o mesmo cando te enteras de que alguén ten VIH/sida? Anímote a deixar un comentario, interésame moito!
En definitiva:
Non corras riscos, non é preciso.
E se non o fas, acode ós centros médicos e sociais que temos por todo o país. Non teñas medo, non teñas vergoña. Ó cabo, vai ser peor agardar a sufrir as súas consecuencias. Só vas aprazar o momento e ademais con moi poucas oportunidades, mentres ó comezo telas todas.
Céntrate en ser feliz. O que digan os demais non che importa e ti si. Moito. Todo.
HSH: Homes que teñen sexo con homes
PID: Persoas que se inxectan drogas
VIH: Virus de inmunodeficiencia humana
SIDA: Síndrome de inmunodeficiencia adquirida
Todos os datos dos que falo foron obtidos da CruzVermella e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Bonus: Como hai moitísimos máis datos, comparativas e conclusións das que eu che trouxen acó (e aínda así quedoume longo o post), déixoche o PDF do informe completo de vixiancia epidemiolóxica en España 2016 actualizado ó 30 de xuño do 2017, que o MSSSI publicou, canda o Instituto de Saúde Carlos III, iste mesmo mes de novembro