No ano que nacín

Dunha canción saen milleiros de pensamentos. Ás veces irrelevantes –as menos, por certo–. Pero polo xeral unha canción, sendo algo impalpable (físicamente alomenos que esteas incrustad@ no subwoofer), produce moitas máis sensacións e pensamentos có resto das percepcións corporais de cada día rutinario.

Hoxe –o por que non se sabe–, esta canción

fíxome pensar no 1981. Simplemente por ser o ano no que viu a luz. Ou se cadra pola coincidencia co meu nacemento –si, hai tanto xa–.

A cuestión é que isto de ter internet a tiro de click é unha vantaxe por onde queira que se mire, así que nin corto nin preguiceiro, póñome a ver que cousas pasaron naquelas datas nas que unha señora moi santa medraba desproporcionadamente pola zona abdominal –malia que fose un pouco a desgana, ehem–, para rematar cun bo empurrón e algo de dor.

Entérome pois de que o Villa da nosa selección é un día máis novo ca min, que –xa que estamos co Barça–, ese ano a división de hockey sobre patíns deste equipo proclamábase campiona de Europa da súa disciplina. Que no fútbol, a Real facíase co título da Liga –cando a liga aínda era a liga e non era do BBVA–, o Liverpool gañaba a Champions e o Flamengo a Intercontinental.

Musicalmente falando, a non menos polémica que popular Britney Spears chegaba ó mundo –case, case debimos de chegar á vez–; e o máis grande dos máis grandes do reggae, Bob Marley, deixábao. Neste ano formáronse bandas como MetallicaSiniestro total.

Na tele estreábase Verano azul –que lembro aínda ver cada verán xa grandiño, así que algo empalagosa debeu de facerse xa ó cabo–, non sen antes publicarse o Estatuto da televisión pública española, aprobado polas Cortes Xerais.

Revisando a programación de entón, chego á conclusión de que a segunda cadea xa era daquela moito máis interesante cá primeira. Por exemplo, daban algo chamado Animación para adultos, que non sei se quero saber o que é –ou si– e series como El show de Benny Hill, Simbad ou El increíble Hulk, ademais da modalidade espacial de Érase una vez.

Tamén houbo malas cousas, coma os ataques ó Papa Juan Pablo II e a Ronald Reagan –cada un no seu plano, pero ó segundo 6 tiros… iso xa é saña–, malia que son dous casos tan relevantes coma os seguramente miles de ataques que habería naquel ano a outros tantos seres anónimos.

En fin, que malia que “around the world” pasaran todas esas cousas, as que a min realmente me quedaron gravadas foron as aprendidas no meu entorno. Como que malia que a un o do horóscopo tráialla á fresca, debe recoñecer que isto do nacemento e o seu momento é moi influínte no seu posterior desenvolvemento.

Non sei se por sorte ou por desgraza –opino moi, moi máxima e maiormente o primeiro–, vivo rodeado de saxitarian@s –ou como algúns pretenden, ofiuquian@s?– e destes aprendín máis de min ca comigo mesmo. Tamén dos inversos, eses que naceron por Xullo, aprox. e que tan sabiamente nos tiran das orellas ás veces, para baixarnos do noso mundo –porque riquiños seremos, pero váisenos a cabeciña cunha facilidade…–.

Tanto, que esquecía nomear o SúperMegaLanzamentoUltraModernizadorDoAno, o IBM PC! O IBM 5150 naceu en Boca Ratón –Florida–. Malia que agora son os chineses de Lenovo os que teñen os dereitos para fabricar ordenadores persoais coa marca IBM mentres estes adícanse a cousas máis “profesionais” (servidores e cousas desas).

Que completiño 1981… Como derradeiro dato: publícase Crónica de una muerte anunciada –Gabriel García Márquez–, baseada nun feito real, acontecido nin máis nin menos ca trinta exactos anos antes e novela na que se poden ler frases coma “Son perfectas –le oía decir con frecuencia–. Cualquier hombre será feliz con ellas, porque han sido criadas para sufrir“, “Tratando de acabar para siempre, Pedro Vicario le buscó el corazón, pero se lo buscó casi en la axila, donde lo tienen los cerdos” ou “Fue ella quien arrasó con la virginidad de mi generación“.

Boa nonite.

[“Dende entón ficaron vencellados por un afecto serio, pero sen a desorde do amor“]
Ver más

> deixa un comentario

Back to top button