Evolución e ledicia

Evolución e Ledicia.

Dous termos a priori tan lonxanos. E para min é importante mesturalos, se cadra para pensar que o que socialmente entendemos polo primeiro, non fai senón esnaquizar en mil pedazos as opcións de acadar o segundo.

Evolucionamos. Máis e mellores cousas para todos. Que cada vez duran menos. Coma a nosa sensación de ledicia.

Pode que ata fose mellor involucionar un chisquiño, esixirnos materialmente menos, facernos materialmente primitivos. Saborear a ledicia das cousas máis pequenas.

Pero ir en coche, claro, é máis doado.

Ver más

> deixa un comentario

Back to top button