Cousiñas

Non é menos bo recoñecer os defectos dun que aprender a vivir con e neles. Asumirse. Coñecerse, respectarse e amarse e logo, seguro e confiado, mudar o que dende esa perspectiva pareza preciso. Porque nin ninguén é perfecto nin ninguén quere pode selo, asegúrocho.
| .. 21.11.2018

Igual que todo cambia en cada un de nós: os nosos xeitos de sentir, de reaccionar, actuar e en definitiva vivir; tamén habemos de ser conscientes de que estes trocos prodúcense, con sorte, en tódalas persoas que nos rodean.
E isto é marabilloso. Por iso non é cuestión de respectar, buscar ou amar aquilo que coñecimos nunha persoa, senón de saber respectar, buscar e amar todo o que evolucionou e evolucionará nela.
| .. 23.08.2017

Onde están as palabras que definen o que sinte cando o mira, cando o bica, cando se lle ouriza a pel nun roce inesperado coa súa..? Mentres non existan estas palabras, só pode dicirlle que o quere estando ó seu carón cada día das súas vidas, sen darlle nunca as costas.
| .. 11.02.2011

Independientemente do noso estado de ánimo. Da nosa atitude. Da nosa capacidade. A vida transcorre sen deixar por un segundo de pór ante nós as circunstancias, problemas e ledicias que con ela nos trae. Da nosa habilidade pra asumilos dependerá a nosa fin. Porque a vida, ó cabo, é coma unha bicicleta sen freos. E a viaxe sobre ela, dun ou doutro xeito, sempre acabará sen nós.
| .. 28.07.2009

Cal veleiro sen velas, que parece non chegar nunca a porto. Sen crer que isto é bo nin malo. Gozando e aproveitando cada parte da viaxe. Cada alto e cada sprint. Cada calma e cada treboada..
Entre onda e onda, fixándose na xente, aprendendo a ver máis aló das palabras, chegando á trastenda dos beizos que as agasallan alleos á vulnerabilidade á que se expoñen..
| .. 27.12.2008

A realidade pesa menos se sabes fuxir pola fantasía.
[Carmen Machi en “La tortuga de Darwin”] | .. 05.12.2008

Arelaba o sorriso que xurdía do máis profundo del e o embriagaba ó completo da ledicia que desbordaba e quería voltar desbordar.
O seu pai non ía voltar. Sabíao.
Só lle quedaba facerse.
| .. 17.07.2008

Ás veces a vida fíncase en nos facer pasar malos anacos. Ás veces cando máis disposto estás a gozar, máis parece que algo queira amolarche a ledicia. Ó cabo, só a forza dun mesmo e a súa capacidade de se sobrepor, é o que conta pra non se deixar vencer.
Agora é definitivo. E non hai volta atrás. E mentres: que nunca che rouben o sorriso!
| .. 24.06.2008

Ás veces cústanos recoñecer o noso rexeitamento á entrega.
Pero é que entregarse é complicado.
Outras veces sorpréndenos profundamente que nos entregáramos, porque entregarse require esforzo e sacrificio e por ilo ás veces, aprendemos do xeito máis duro, que hai que sopesar moi ben a nosa entrega.
| .. 17.03.2008

Malia que todo é relativo, eu serei sempre absolutamente xoven!
| .. 02.12.2007