Black Friday e a súa puta xenial resaca

Hai momentos, lugares e feitos que só poden darse unha vez. Unha vez na súa vida, na destes elementos, ou uha vez na vida de cada un dos que corren a sorte de experimentalos. Vouche pór un exemplo moi de moda esta fin de semana: o Black Friday.

E é que hai veces nas que un pode ter un black day. Ou unha black week. Mesmo un black month ou ata onde a imaxinación (ou a vida), acade. Pero, sen dúbida, o sumum do negro extremo é que en pleno Black Friday, logo de xa todo pechase, por suposto, sufras un roto no momento menos propicio e no lugar menos indicado.


Black Friday - ALEXITIMIC
E dicíache que un pode ter un período merder, porque dime que nunca sufriches un episodio caótico na túa vida, ben interna, ben externamente, se podes. pero se dentro de todo o vórtice que nese momento pode parecerche demoledora, acadas ese cravo que non arde, pero está firmemente cravado e mantente, fráxil pero enteiro, durante o vendaval; entón, amigo, tiveches unha gran sorte.

Cal foi? Se cadra propiciáchela ti mesmo, sabendo elixir. ou simplemente a vida gasalloute con ela, póndoche o cravo tan a man que máis difícil sería esquivalo. Ou mesmo cabe que ese cravo estea aí porque ti o foses cravando pouco a pouco en ti e xa non sinte ter que se marchar.

En calquera caso, se hai unha sorte por riba de todas as demais, é saber que podes contar con alguén que, cando un roto aparece, cálmate, escóitao, compréndeo e o repara.

Cando es capaz de deixar de lado o orgullo e consegues ser empático, convírteste nunha persoa moito máis lixeira. Ceibe de iras, de odios e de problemas auto-xerados que, sinceramente, non lle importan a ninguén.

Ás veces custa moito transmitir sentimentos, sobre todo canto máis te avergoñan. Non te martirices por isto, é a nosa natureza. Se consegues deixar de te agobiar por ese esforzo extra que che supón, entón este será moito mellor e, coma por arte de maxia, eses sentimentos estarán listos para fluír. Agárrate ó teu cravo e confía nel.

A min, onte, sorprendeume un roto. Hoxe, o meu cravo, axudoume a reparar outros.

E só podo estar agradecido. E agardar que a túa resaca negra fose tan produtiva coma a miña.

Ah. E tamén hai persoas que só se che van dar unha vez na vida. Non as deixes pasar.

Ver más

> deixa un comentario

Mira también
Close
Back to top button