Ai, que resaca máis parva

Hoxe debeu ser un día intensivo de praia. Pola contra, a casa comeume, fagocitoume de tal xeito que non houbo maneira de sacarme. E a estas alturas, xa me din por vencido.

O cansancio da semana, a calor pegañenta e o post-operatorio da noite de onte, téñenme lixeiramente bloqueado, malia con todo, coido que segundo vai refrescando, vou revitalizando as conexións neuronais e a recuperar o xuízo que tanto botaba de menos.

No medio de todo isto, unha conversa absurda, levoume a completar o baixón anímico da xornada. É curioso como ás veces cousas, a priori inofensivas, que mesmo poderiamos tildar de parvadas, poden chegar a afectarnos sen nos decatar.

Custoume media tarde recoñecer o que estaba a ocorrer.

Non vou explicalo, porque tampouco é de interese, mais aínda sen chegar a dar detalles, estou seguro de que saberás comprenderme.

Ó comezo estaba convencido de que todo era unha cuestión de pareceres enfrontados e claro, coma sempre, un comeza crendo que ten a razón.

Normalmente tento non manter conversas complicadas (tanto na vida privada coma na laboral), a distancia. Conleva unha grande dificultade, dende logo, máis aínda cando ésta se produce vía texto.E eu antes conseguíao, pero desta volta non, esta vez entrei ó trapo. E non foi bonito.

A cuestión é que ó cabo, moito despois desa conversa, decateime do problema, a orixe e ó caer na discusión, non era esa cuestión de pareceres enfrontados.

Non, iso só era a chispa. Decateime de que a mecha levaba aí xa tempo, é coma se fose colándose pola porta traseira, evitando dar a alerta, mentres eu atendía a fronte.

Pode que haxa algo en nós máis intelixente cá nosa propia consciencia. Algo que sabe xogar connosco para que creamos o que quere que creamos, ata que é tarde para coartar os seus plans. Ou se cadra simplemente sexamos nós mesmos, negándonos a evidencia.

AY, QUE RESACA MAS TONTA

En calquera caso, coido que só cabe unha conclusión:

Non somos tan duros.

Veña, permíteme unha segunda:

A garda non é infalible e a retagarda, é moi puta.

                                           




Noutra orde de cousas e tendo en conta o pouco que actualizo isto, como fallan pouco máis de dúas horas, aproveito pra desexar a todos os galegos do mundo un feliz día mañá.

Fuxo dos patriotismos, das bandeiras e das fronteiras; pero tamén penso que calquera escusa é boa pra celebrar. Se enriba é un motivo de unidade, fraternidade, ledicia e homenaxe, con máis razón.

Así que o dito, galegos e tamén dende logo, todos os que se sintan vencellados algún xeito á nosa cultura:
Moi bo Día da Galiza!

Ver más

> deixa un comentario

Mira también
Close
Back to top button